martes, 11 de marzo de 2008

L A CULTURA CASTREÑA Y EL PROCESO ROMANIZADOR ( y II)

"Xa mencionabamos que será nestes tempos de contacto co mundo romano cando se fagan máis evidentes esas manifestacións materiais consideradas na bibliografía clásica coma peculiares do mundo castrexo. Entre esas destaca a cerámica. O seu desenvolvemento vai ser espectacular, se cadra gracias á adopción de innovacións tecnolóxicas na seleción das pastas, á xeralización do torno rápido, e á introducción de milloras no proceso de cocción. O repertorio formal amplíase, e no enxoval típico figurarán, ao lado das producións romanas adquiridas nos circuitos comerciais, variados recipentes de almacenaxe, de cociña e de mesa nos que se nota un certo afán por imitar ou adaptar os modelos romanos. Parte desta produción aparece decorada por medio daqueles deseños tan tradicionais de temática xeométrica e certo arume mediterráneo, feitos por incisión, estampiñado, aplicación ou mesmo excisión, anque se vaia perdendo algo do gosto polo barroquismo que víamos na fase anterior.

O traballo dos metais podemos dividilo en dous grandes apartados: o do bronce, que agás casos moi concretos seguiría relegado á fundición de elementos de ornato e/ou utilidade moi específica, e o do ferro, que tamén continúa a ser de procedencia exterior e destiñado con preferencia á elaboración de instrumental de traballo: a realidade é que aínda non se coñece calquer indicio de taller de ferreiro que se poda asociar ao fenómeno castrexo.
En bronce destaca a produción dos coñecidos modelos indíxenas de fíbulas: as de longo traveseiro sen espira, as do tipo Sabroso, Trasmontano, Santa Luzia..., excepcionalmente decoradas con damasquinado, cos seus remates máis ou menos dotados de elementos ornamentais en relevo ou en filigrana, moi parecidos aos que adornan as cabezas dos alfinetes e duns poucos braceletes e pulseiras. Segue a ser interesante a produción de colgantes, que repiten as formas tradicionais en esfera, campá, fuso, amorcillados, etc., e de caldeiros e sítulas de chapas remachadas, ás veces provistas de decoración xeométrica moi semellante á da cerámica.
Pero se cadra os elementos máis coñecidos e prototípicos da metalistería castrexa son os famosos puñais de antenas, por veces provistos de folla de ferro.
Trátase de pequenos exemplares nos que destaca o feito de estar compostos pordúas pezas fundidas de xeito independente: a empuñadura e a folla. A folla máistípica, unha reminiscencia bastante clara das características dos tempos finais daIdade do Bronce, é de nervo central, con bordos paralelos converxentes na puntae que na base presentan senllas entalladuras en arco entre as que sobresae unespeto que penetra no interior da empuñadura ata sair polo outro extremo, ondeé remachado cun pomo en forma de botón. As empuñaduras, co seucaracterístico remate en antenas con botón final e gardas, foron ideadas para serfacilmente provistas dunha nova folla cando a anterior sufrise deterioro. Certasconteiras trapezoidais rematadas en botóns rematarían as fundas de algúns destespuñais, que forman por si mesmos un grupo moi peculiar e característico dentrodunha moda que, con variantes, afecta á Idade do Ferro da maior parte do centroe occidente europeos; agora ben, nos modelos castrexos nen pola súa formapouco axeitada, nen polo seu cativo tamaño, nen polo material pouco resistenteno que polo xeral están fundidos, nen en suma polas súas pouco eficacescaracterísticas técnicas, podemos falar con propriedade de armas, anque si de elementos para a exhibición e ostentación do rango e do poder.
En canto ao ferro, temos que ter sempre moi en conta a súa dificultosa conservación e a ausencia polo de agora de restos claros de actividade siderúrgicaindíxena, de modo que non temos máis remedio que pensar que as pezas destemetal atopadas nos castros deberon de ser adquiridas no comercio. Deixando áparte as follas dalgúns poucos puñais de antenas, vemos que o emprego do ferrose dirixe á confección de pezas utilitarias coma martelos, fouces, picos..., se cadratrebellos agrícolas, e unha chea de elementos vencellados ás partes de madeira das cabanas.
É normal que tempos de desenrolo socioeconómico coma os que estamos a tratar veran a proliferación de productos destiñados ao consumo e á ostentación das élites. E sabemos que as pezas de ourivesaría cumplen dende tempo inmemorial e dun xeito perfecto esa función social. Dentro da ourivesaría castrexa, o elemento paradigmático é o torques. Anque se trata dun tipo de xoia bastante común daquela en toda Europa -ata o punto de ser adoptado polos romanos coma distintivo militar-, as variedades galaicas son tan peculiares que temos que pensar por forza nunha fabricación local. Estas variedades presentan pezas con variña ríxida ou semirríxida ultrasemicircular de seción circular ou cadrada, ás veces decorada con temas xeométricos troquelados, en relevo, con filigrana e/ou granulado, tamén ás veces total ou parcialmente coberta por un arame enrolado; pola súa parte, os remates dos extremos da variña poden adoptar formas variadas, predominando as peras, as campánulas e as dobles escocias, ocasionalmente decoradas con filigranas e/ougranulados. É un feito que estas variantes definen, a grandes rasgos, territoriosconcretos. A aparatosidade de moitos torques contrasta en ocasións coa baixacalidade dos ouros empregados -por non falar das pezas de prata ou broncechapadas ou bañadas en ouro-, polo que podemos pensar nun maior valorsimbólico que económico, consideración que cadra ben coma elemento masculino de distinción social nuns tempos de mudanza.
Algo semellante ocorriría coas escasas pero espectaculares diademas.
Cunha curiosa concentración nas terras máis ao norte, son de lámina delgada eforma máis ou menos rectangular con decoración xeométrica barroquizante -nasmal chamadas De Ribadeo, naturalista: paisaxe acuática cunha procesión dexinetes e infantes armados que portan grandes caldeiros- por repuxado e/ou estampado. Usadas como diadema, pulseira ou cinturón, o valor simbólico destasláminas non deixa lugar a maiores dúbidas.
En canto ás arracadas ou colgantes para orellas, de altísima categoría técnica e minuciosa decoración, é dificil separar o que poden ser produciónslocais dos exemplares de orixe mediterránea adquiridos no comercio; se hai motivos para pensar nas influencias do mundo oriental na plástica castrexa, os máis evidentes son os que afectan a estas pezas, caracterizadas pola altísima técnica e minuciosa decoración sobre a práctica totalidade da superficie.
Porque a orfebrería castrexa, máis aló do seu valor de referente social, precisa ainda dun estudio polo miudo que deixe de lado tantos tópicos asentados pola bibliografía tradicional e que sirva para precisar cronoloxías e para diferenciar as producións locais -coas súas influencias técnicas e formais- dos productos exóticos chegados polo intercambio; porque unha producción que aparece na fase castrexo-romana tan elaborada e de trazos tan peculiares non é posíbel quexurdira da nada.
Entre os elementos que permiten introducir certas diferencias entre as terras do norte e do sur do ámeto castrexo na época da integración no Imperio Romano, a plástica en pedra é unha das máis evidentes por estar concentrada na súa parte máis significativa na área meridional. Sobrancean as esculturas envulto redondo chamadas “de guerreiros”, que dentro dun estilo de gran rudezae simplicidade formal apresentan cabezas con rasgos marcados, torques sobre opescozo, túnica de manga curta ata metade do muslo -o sagum- cinguida cuncinturón máis ou menos complicado, brazos con breceletes -os viria- epulseiras, pernas robustas con caneleiras... As armas destes guerreiros son opequeno escudo circular -moi frecuente no ámeto mediterráneo da época eoñecido co nome latino de caetra- e un puñal ou espada corta decaracterísticas arcaicas, anacrónicas, sen referentes claros no contexto arqueolóxico. As esculturas de guerreiros foron consideradas coma funerarias,de xenios tutelares dos povoados, de heroes divinizados, de deuses da guerra,de xefes ou guerreiros mortos..., cun carácter protector, votivo, honorífico...
Hoxe, á vista dos contextos no que son descobertas, parece que deberemos entendelas máis coma a imaxe do guerreiro mítico fundador, daquel antepasado común da comunidade fundadora do castro -o que contribuiría a explicar o anacronismo do armamento-, e/ou se cadra a de persoeiros reais máis ou menos mitificados.
Algo semellante pódese dicir verbo das cabezas humanas exentas.
Algunhas pode que perteceran a esculturas de guerreiros fragmentadas, e outras,tanto en vulto redondo coma en altorrelevo, poidera ser que cumpliran unha función semellante ás romanas coetáneas coma imaxes de divinidades ou deantepasados. Todo dito coas reservas que impón a pobreza de datos reais e o risco de clasificar coma castrexas produccións descontextualizadas do período medieval ou da arte popular. Menos dúbidas plantexa o feito de que a aparición desta plástica só semella explicábel a partir da asimilación polos galaicos de certos usos e costumes propios do mundo romano; a modo de exemplo, teñamos en conta que non parece casual en absoluto que todas as esculturas de guerreiros coñecidas polo momento procedan das terras meridionais do mundo castrexo, precisamente as que antes entraron en contacto con Roma e nas que o efecto romanizador é máis patente.
O mesmo sucede coa plástica vencellada á arquitectura doméstica. A temática que se coñece é sempre xeométrica e un tanto reiterativa: cordóns, entrelazados, trisqueles, tetrasqueles, exasqueles, muíños, rosáceas, espirais..., de vago pero significativo eco mediterráneo. Esta decoración cobre as padieiras e ombreiras das entradas de certas vivendas, pedras de cornixas e de zócolos, a superficie dalgunhas pezas utilitarias coma os couzóns, os amarradoiros do gando e os colgantes da coberta das cabanas, a cara externa de certas pezas cilíndricas presuntamente destiñadas a encaixar nos muros, e as pedras formosas dos monumentos con forno. Unha temática de certo simbólica, que ten todas as trazas de estar traducindo á pedra deseños -mesmo técnicas- experimentados previamente -e sen dúbida simultáneamente- na madeira pero non conservados.
Coma no caso da lingua, as únicas testemuñas reais da relixiosidade galaica chegaron aos nosos días logo de pasar ás formas rituais romanas: co teónimo, o nome da suposta divinidade, escrito en latín, ao estilo latino, sobre monumentos tan fondamente latinos coma as aras, os altares. Así, sospéitase que os galaicos practicarían, no intre avanzado a que corresponden as lápidas de referencia, unha relixión -ou relixións- politeísta cun amplo panteón de divinidades de diferentes nomes e funcións. A partir deste dato comprobado, que por certo tampouco se afasta demasiado do normal nas relixións politeistas da época, as discusións proliferan verbo do momento ou momentos de implantación desta relixión, do carácter concreto das divinidades, dos distintos rituais, etc., polo xeral con demasiada imaxinación e pouca ou nengunha base argumental. As divinidades galaicas aparecen na epigrafía latina de dúas formas: ou de maneira exclusiva ou asimiladas a un deus latino. Hainas que aparecen repartidas por todo o territorio galaico, en canto que outras semellan ter un culto moito máis restrinxido, se cadra local. En calquer caso, compre afirmar unha vez máis que neste coma en tantos outros aspectos non parece que a integración no Imperio Romano supuxera trauma excesivo algún para a organización relixiosa indíxena; antes ben, á postre a adopción das formas rituais romanas e a identificación entre divinidades galaicas e latinas, axudado todo elo pola proverbial liberalidade relixiosa romana, foron conformando na práctica un modelo relixioso sincrético do que se beneficiará pouco tempo despois o Cristianismo.
Ademáis das reformas de tipo administrativo que se van promulgando -a principal, a concesión por Vespasiano do ius latii aos galaicos-, a progresiva implantación dos modelos romanos de explotación do medio natural vai ser definitiva para o desenrolo da población indíxena, como sabemos de forte base agrícola, ata o punto de facer pouco menos que inútil o vello modelo
tradicional galaico. O castro, como asentamento dunha comunidade agrícola determinada e fortemente vencellada por lazos de sangue, vaise converter nun anacronismo e a ser abandoado. A poboación dispersarase polo territorio agrupándose en pequenas unidades de explotación como poden ser as vilae e os vici, o modelo romano por excelencia. A inmersión total e definitiva nos usos e costumes romanos será fonda: o emprego da moeda como unidade de cambio, a adopción dos ritos e do panteón relixioso romano, o uso do latín ata suplantar ás linguas indíxenas, e, en fin, o que máis fala dun cambio na mentalidade: a implantación dos usos e costumes funerarios romanos.
Por iso xusto é recoñecermos que boa parte da realidade de hoxe é froito do noso pasado dentro do Imperio Romano. E non estamos a referirnos en exclusiva aos aspectos máis visíbeis coma poden ser as grandes obras públicas ou o desenrolo artístico ou tecnolóxico en xeral. Estámonos a referir a cousas moito máis sutís pero que no seu conxunto lograron o máis fondo cambio social do que se ten noticia nestas terras. Cambio no que xogou un papel decisivo a implantación e desenrolo posterior do Cristianismo, que non esquezamos era a relixión oficial do Imperio dende Constantino." (Antonio de la Peña Santos)

Nota.- En la fotografía de la parte superior del comentario, escultura galaico-romana representando una figura sedente pétrea encontrada en Xinzo de Limia (Ourense).


L A CULTURA CASTREÑA Y EL PROCESO ROMANIZADOR (I)

UN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN:O CASTREXO-ROMANO
"Estamos na segunda metade do século II AC. Os datos arqueolóxicosindican que as comunidades castrexas xa entraran en contacto co mundo romano e comezado a experimentar unha nova serie de cambios internos. O froito máis visíbel destes cambios será boa parte da imaxe "típica" que do castrexo ten chegado ata nós. Os trazos tidos ata hoxe coma peculiares e característicos do mundo castrexo -tanto dende o punto de vista da arquitectura coma da cultura material, e, se cadra, as poucas referencias directas e cribeis aos aspectos superestructurais da sociedade indígena proceden, na súa práctica totalidade e mentres a investigación non demostre o contrario, destes tempos de contacto e aculturación entre os mundos indíxena e romano.
É un feito comprobado que foi durante o decurso das chamadas Guerras Lusitanas e Celtibéricas cando os moradores das terras do Noroeste tiveron a oportunidade real de asumir que algo estaba a mudar na orde tradicional. As novas da presencia duns incómodos e poderosos recén cegados non tardarían en acadar o territorio galaico, que asistiría axiña á chegada das primeiras expedicións militares romanas de carácter exploratorio: no 139 AC a do xeneral Quinto Servilio Cepión no decurso das guerras lusitanas, e sobre todo a famosísima e moi mitificada comandada polo entón governador da Hispania Ulterior D. Iunius Brutus, logo de concluir as devanditas guerras, no 137 AC.
Foi nesta expedición concreta que os romanos deberon de chegar ata o Miño logo dalgúns choques, encontronazos seguramente magnificados polos escritores romanos posteriores e sen dúbida pola maior parte da historiografía.Parece que o éxito culminou a ación militar e exploratoria ata tal extremo, que Brutus, logo de requisar substanciosas riquezas, foi acollido trunfalmente en Roma, onde recibiu o alcume de Callaicus en lembranza do máis coñecido dos povos por el sometidos, o dos Callaici, que tiña o seu lugar de asento no esteiro do Douro, no Portus Calem. Pode que dende entón a zona sur do territorio galaico, o espacio costeiro entre o Douro e o Miño, ficase xa baixo control de Roma. Os datos arqueolóxicos parecen incidir nesta idea, anque soio sexa vendo a crecente presencia de productos do comercio romano no medio indíxena a partir destas datas.Logo de Brutus, sabemos dunha expedición marítima do pretor Publio Craso entre o 96 e o 94 AC na procura das “illas do estano”. Según algún autor, anos máis adiante desta expedición, no 73 AC, o xeneral Perpenna volvería a explorar o territorio entre o Douro e o Miño. E xa por fin, os anos 61-60 AC verán a razzia de Xulio César ata a localidade galaica de Brigantium, unha campaña mitificada tanto ou más ca de Brutus pola historiografía tradicional.A impresión é que tras as expedicións de Brutus e de César, as terras do Noroeste máis preto do litoral ficarían, non sabemos se de iure pero si con seguridade de facto, baixo control de Roma. As Guerras Cántabras, que entre o 29 e 19 AC serviron ao emperador Augusto para completar a conquista da Península, tiveron o seu teatro de operacións fóra da área cultural galaica, e non hai constancia algunha da intervención de elementos destas terras nas mesmas. Se cadra, estas guerras en concreto suponían a integración definitiva das comunidades castrexas máis interiores e limítrofes coas astures.

Completada a conquista, Roma recoñece a unidade cultural, e se cadra étnica, das comunidades castrexas e define uns límites políticos para o territorio, que bautiza co nome de Callaecia ratificando o que ata entón non era unha unidade política anque si cultural. A tal efecto, procede de inmediato ao estabelecemento dunha administración imperial que garanta tanto o control do territorio como, sobre todo, a explotación e comercialización dos recursos naturais. Así, xa dende un momento moi temperán asistimos á chegada masiva de mercaderías típicas do mundo romano que ateigarán os asentamentos castrexos tanto máis canto máis ao sur e cara ao litoral, o que revela a cegada destes produtos maioritariamente por vía marítima e dende o sul. Pouco tempo dempois dará comezo o trazado da rede de calzadas de unión coa Lusitania e coa Meseta.
Para ese control político do territorio recén integrado, Roma organiza dous conventos xurídicos con capital en senllas civitas de nova implantación: o
Bracaraugustanus con sede en Bracara Augusta, e o Lucensis en Lucus Augusti.
Ambos os dous de carácter administrativo con funcións de tipo relixioso, financieiro, militar e xudicial. Cada convento englobaría outras unidades administrativas de menor rango que mantiñan a grandes trazos a organización indíxena: os populi e/ou civitates que aglutinaban aos numerosos asentamentos castrexos onde seguía a residir a maior parte da poboación.
Pero ¿cómo foi incidindo o proceso de romanización sobre a poboación indíxena?. Tras a absorción e ata as reformas administrativas da dinastía flavia, a impresión que dan os datos arqueolóxicos é que sobreviviron e se reforzaron os elementos da organización sociopolítica castrexa con excepción, claro está, do concepto da independencia, entendido este no senso estricto. O feito tan significativo que supón o crecemento de moitos vellos castros e a aparición ex novo de grandes povoados tras a integración, todos eles cunhas condicións defensivas e urbanísticas espectaculares se facemos a comparanza coa etapa anterior, parece revelar, entre outras moitas cousas, unha estructura socioeconómica máis desenrolada que na fase previa; unha estructura capaz xa de promover, levantar e soster obras públicas, criadora de "lugares centrais" xerarquizadores do territorio, inmersa nun fenómeno de integración política do que serían boas testemuñas os populi. Estes grandes povoados, e a aparentemente planificada distribución dunha chea de pequenos castros xunto ás mellores terras de cultivo e/ou no rico litoral, son clara imaxe do desenrolo económico e crecemento demográfico experimentados polo mundo castrexo tras a integración no Imperio. É unha explotación planificada dos recursos do medio natural, que non parece doada de entender coma causa en exclusiva da dinámica interna das comunidades campesiñas castrexas, de modo que preferimos achacala en boa parte ao papel decisivo xogado por Roma dun xeito consciente ou inconsciente.
As murallas desta época son as maiores e as de trazado máis complexo das coñecidas ao longo do desenrolo do fenómeno. Anque seguen a manterse as normas básicas e tradicionais da arquitectura en canto á simplicidade dos métodos constructivos, as dimensións xerais serán superiores, multiplicaranse os recintos, as entradas faranse máis complexas e reforzadas coa adición de elementos anexos coma torreóns e corpos de garda. Tamén proliferarán os elementos defensivos complementarios, dende os simples terrapléns ata as máis complexas liñas de foxos e parapeitos. Do mesmo xeito, durante esta fase -e sobre todo na metade meridional do territorio castrexo, a primeira en entrar en contacto con Roma e por elo donde antes de de xeito máis intenso se foron producindo os cambios- é evidente un maior desenrolo da arquitectura de carácter doméstico. Amais de constatar a aparición por vez primeira de elementos ornamentais asociados, ocasionalmente presenta cabanas con muros de pedras de cantaría perfectamente traballadas e dispostas das formas máis diversas, en tanto que boa parte das paredes das construccións de cachotaría normal estarían cobertas por enlucidos pintados de cores simples coma o branco, os ocres, o azul ou o vermello que, ao tempo que servían de protección fronte á humidade, daríanlle ao conxunto urbano un aspecto ben diferente da imaxe de pedra vista que temos hoxe.
No territorio castrexo meridional -e, curiosamente, tamén no extremo nororiental-, diante das entradas de moitas vivendas levántase un vestíbulo de controvertida función pero que en calquer caso amplíaría o espacio doméstico útil. O interior dun dos brazos deste vestíbulo é frecuente que se aproveitase para a colocación dun forno de planta cadrada. Se cadra estamos diante da adaptación local ás plantas curvas dunha solución arquitectónica in antis, de clara filiación mediterránea, concibida en orixe para edificacións de planta rectangular ou cadrada.
Anque a existencia de plantas de muros rectos é coñecida xa en certos castros prerromanos, parece un feito incuestionábel que a súa propagación xeral - anque sempre minoritaria fronte ás construcións circulares- coincide coa fase que nos ocupa. Salvo nos aspectos formais, as diferencias entre as cabanas de plantas curvas e rectas son mínimas, e as dificultades técnicas dos castrexos á hora de articular as esquinas dos muros solucionáronse mal que ben, polo xeral, facendo un enlace en arco. Para as cobertas destas cosnstruccións de muros rectos, planas e a unha ou dúas augas, en ocasións xa se utilizaron as típicas tegulae romanas.
Das diferentes funcionalidades das cabanas da fase castrexo-romana non é moito o que podemos dicir fora do campo da especulación. Os datos actuais apuntan que, cando menos no territorio meridional, certas construccións de planta circular ou ovada, polo xeral de menores dimensións e con pavimentos de pior calidade, sen lareira e con lousa do limiar emprazada a certa altura do chan - sen dúbida para dificultar o acceso dos ratos e doutros animais-, de seguro que non foron pensadas para vivenda senon para almacén e/ou para servir de marco ao desenrolo de actividades produtivas. O normal é que con cada vivenda propiamente dita se vencelle unha construción deste tipo.
Por último, en certos castros nos que o espacio escavado é o suficentemente amplo, e unha vez máis sobre todo nas terras do sul, destaca a presencia de normas de ordenación urbanística moi peculiares, baseadas na organización da área habitacional en "células" ou "unidades" -seguramente de carácter familiar- compostas por unha ou varias vivendas cos seus respectivos almacéns ou alpendres, que abren as súas entradas a un patio común laxeado ao que se accede por un único punto. Estas unidades, que poñen de relevo datos de certo interese para a análise da sociedade castrexa, compleméntanse con maiores ou menores traballos de acondicionamento do terreo tais coma sucalcos, muros de peche, alxibes e canles de captación e evacuación de pluviais, etc. Isto fálanos de certos, ainda que ben simples e rudimentarios, conceptos tradicionais de carácter urbanístico na organización arquitectónica dos povoados castrexos baixo dominio romano, sobre todo, insistimos, canto máis cara ao sur." (A. de la Peña Santos)
Nota.- En la imagen, vivienda reconstruída del castro de Sta. Trega ( A Guardia, Pontevedra), con vestíbulo de entrada.


EL AUGE DE LA CULTURA CASTREÑA

A CONSOLIDACIÓN DO FENÓMENO CASTREXO
"A partires máis ou menos do século V AC, o fenómeno castrexo aparecexa coma algo consolidado e, se cadra, ocupando a totalidade do seu espacio xeográfico particular: o aberto ao poñente das cadeas montañosas que enlazan as desembocaduras dos ríos Navia -polo N- e Mondego -polo O-, un espacio histórico que coincide bastante ben co que xa vimos ao tocar os temas do Megalitismo e da arte rupestre. Estamos, xa que logo, diante dunha zona xeográfica moi compartimentada, dotada dunha indudábel uniformidade tantoxeolóxica coma xeomorfolóxica e climática que seguramente terá exercido un efecto condicionador sobre a réxime económica e sobre a mentalidade das comunidades campesiñas, o que a fin de contas favorecería a unidade cultural.

Poucas veces se produce, coma na área galaica, unha adecuación máis clara entre rexión natural e área cultural.
Algúns trazos na distribución espacial dos povoados parecen dar a entender o inicio da explotación dos fondos dos vales coa implantación de asentamentos de, se cabe, máis marcado carácter agrícola. Os datos paleontoló-xicos e paleoambientais documentan a continuidade da cabana gandeira complexa da fase anterior -que vai perdurar moito máis aló do período castrexo- e dunha agricultura que combina, tamén coma naquela, o cultivo de cereais de primaveira e inverno cos de horta e coa recoleción de landras. Todo elo dentro dun incremento da acción antrópica sobre o medio natural que se deduce do aumento da deforestación e da erosión. Na costa multiplícanse os datos que falan da intensificación das actividades pesqueiras e marisqueiras, e é aquí onde se estaba a seguir cun certo dinamismo e a recibir e asimilar as secuelas dos escasos contactos co mundo exterior. A presencia no rexistro arqueolóxico dos castros máis meridionais e máis próximos á liña costeira de manufacturas de filiación mediterránea -cerámicas púnicas, máis adiante áticas e grecoitálicas, vidros, obxectos de ferro, etc.- indica un certo mantemento dos intercambios coas factorías semitas do sur peninsular.
Sábese con seguridade que no decurso desta fase fóronse experimentando certos avances nos aspectos técnicos e formais das manufacturas de uso cotián, particularmente visíbeis nas producións cerámicas, que acadan agora boa parte das súas características máis sustanciais co emprego do torno lento e de fornos máis complexos, e co uso de pastas máis decantadas que na fase anterior, o que se traduce en productos de moita maior calidade. Amplíase o repertorio formal, anque o cacharro típico sega a ter unhas bases formais de gran simplicidade pero con multitude de variantes. O que si cambian son os estilos decorativos e mesmo as técnicas: por máis que a temática sega a ser esencialmente á base de bandas xeométricas corridas ou metopadas, dende agora van proliferar as liñas curvas incisas formando cordóns e grecas de variada gama, acompañadas de mamilos e cordóns aplicados e do uso de estampillas. Todo elo dentro dun crecente barroquismo de regusto mediterráneo e dunha especie de horror vacui que contrasta con claridade coas produccións precedentes." ( A. de la Peña Santos).

Nota.- En la fotografía tenemos una panorámica general de las excavaciones arqueológicas del castro de Santa Trega ( A Guardia, Pontevedra)

EL COMPLEJO MUNDO DE LOS CASTROS

A XÉNESE DO FENÓMENO CASTREXO

"Coma xa adiantabamos máis arriba, a partir puco máis ou menos dos primeiros tempos do último milenio AC - en plena fase de esplendor da Idade do Bronce-, e nun lento proceso sur-norte e costa-interior que pon de manifesto a influencia dos contactos co mundo mediterráneo, vanse deixando sentir na área galaica os efectos dunha dinámica de sedentarización das comunidades campesiñas. A aparición dos primeiros povoados rigurosamente estábeis na área galaica non pode ser desligada con facilidade da intensificación económica e do fortalecemento da desigualdade social dos tempos finais da Idad do Bronce, que abriría a posibilidade de que comunidades campesiñas dinámicas, estruturadas e solventes, fosen quen asumir o risco de destiñar unha parte substancial dos rendementos do traballo á edificación duns povoados que estarían concibidos para lles dar amparo e protección durante o tempo suficiente para facer rendíbel o grande -habida conta do tamaño minúsculo que se supón para estas agrupacións sociais- capital investido na empresa; por iso, eses novos povoados se levantarían en puntos inmediatos aos terreos de explotación económica da comunidade, con boas condicións naturais de defensa e cun axeitado control visual das terras de labor en particular e do territorio en xeral. É o resultado dun proceso de desenrolo endóxeno -non hai un só indicio real do hipotético asentamento de xentes vindas do exterioranque aberto e receptivo a contactos e estímulos externos. As probábeis tensións sociais derivadas do novo réxime sedentario e do control dos escasos recursos dispoñíbeis coa tecnoloxía do momento, pode que ficaran bastante suavizadas polas características orográficas da paisaxe galaica, cunha compartimentación espacial que propiciaría o espallamento de minúsculas comunidades campesiñas con territorios ben definidos por accidentes naturais.

Os castros serían, coma consecuencia, a testemuña primeira da xa irreversible fixación da povoación campesiña galaica a un territorio concreto.

O feito de que para a construción dos povoados escolleran sempre un lugar elevado que reunira condicións naturais que fixeran relativamente fácil a súa protección, e as completasen dotándoo de elementos defensivos coma murallas, fosos, parapetitos, terrapléns... máis ou menos aparatosos e efectivos, confire ao proceso de implantación do mundo castrexo certos puntos de semellanza con outros coetáneos en áreas xeográficas moi diferentes; agora ben, fóra desas semellanzas superficiais, o certo é que o castrexo amósase coma un fenómeno peculiar, sen referentes direitos claros máis aló dos seus ben definidos límites territoriais, tal e coma ven poñer de relevo, por poñermos un único exemplo, a inexistencia de calquera tipo de ritual funerario que deixase restos materiais, de evidencias, claros. Esta marcada identidade cultural do fenómeno -e a continuación de trazos implantados durante a Idade do Bronce sería unha proba, pero non a única- pode que teña moito que ver cos fondos cambios que as terras do occidente continental deberon de experimentar por aqueles momentos nos que o mundo castrexo comezaba a súa andaina. Se o proceso de sedentarización se inscribe nun marco de relacións exteriores asentado firmemente durante a Idade do Bronce, a caída nas mans fenicias dos circuitos atlánticos de intercambio a partir aproximadamente do século VIII AC debeu de ser decisiva para dar ao traste cunha boa parte do modelo económico tradicional, de tal forma que dende entón as comunidades atlánticas entrarían nunha fase de illamento e de desenvolvemento particulares; o territorio polo que se extenderá o mundo castrexo, pouco menos que pechado da vía continental polas cadeas montañosas, e coa vía natural de contactos atlánticos en poder ou baixo o control dos mercaderes fenicios, irá evolucionando en boa medida pechado ao exterior, co que manterá unha mínima anque trascendental relación gracias á supervivencia dos circuitos comerciais coas áreas de influencia mediterránea.

As análises arqueolóxicas falan dunha sociedade campesiña relativamente xerarquizada, organizada en minúsculas comunidades -estruturadas pero non tanto-, prácticamente pechadas sobre si mesmas, e pouco menos que autárquicas.

O carácter pechado que os elementos de tipo defensivo confiren á organización interna dos povoados, as súas dimensións tan cativas e a forma illada na que se espallan polo territorio, acaso falen dunha vinculación directa cun patrón de estructura económica de tipo próximo á autarquía; as súas relacións a penas parecen ir máis aló do seu entorno inmediato agás a chegada esporádica de mercadorías exóticas de filiación mediterránea; ainda non se ven evidencias dunha ocupación global do territorio nen de xerarquización entre os asentamentos, etc., etc. Precisamente, éste último é un aspecto de relevancia pois otorga aos habitantes de cada castro certa independencia e sentido da territorialidade verbo dos seus viciños: o castro vai ser a unidade social indíxena básica de carácter territorial, e será por medio dela como se organizarán dun xeito territorial -mesmo político- as comunidades campesiñas galaicas. Ata tal punto parece que esto debeu de ser así, que será o castro e non a “familia” -a gens-, o referente directo á orixe do individuo, tal e coma porán de relevo, moitos sécalos máis tarde, as referencias aos castella da epigrafía galaico-romana nunha proba máis da especificidade do mundo castrexo dentro do conxunto dos povos daPenínsula Ibérica.

Nestes primeiros castros, a obra defensiva artificial se concentra nos lugares onde o terreo ofrece piores condicións, e sempre empregando para ela as solucións máis sinxelas, racionais e económicas. O elemento máis común serán os simples terrapléns xerados polas obras de achantamento do terreo previas á edificación da parte habitacional. Estes terrapléns foron en ocasións reforzados con muriños ou estacadas na base para dificultar os desprendementos e as escorrentías, e pode que estivesen coroados tamén por estacadas ou outro xeito de estructura que non logrou resistir o paso do tempo. Ás veces, polo exterior, nos lugares máis vulnerábeis, levantouse outra sorte de elementos defensivos máis complexos: os foxos e os parapeitos. Aquíles, escavados tanto na terra coma na rocha viva, e de dimensións variábeis, hoxe aparecen en boa parte entullados polos derrubamentos e as escorrentías; estes, formados polo amoreamento das terras sacadas do foxo, formarían a liña defensiva máis avanzada.

Pero será a muralla o elemento máis espectacular dentro do sistema defensivo de certos castros e un dos que ilustran mellor do nivel de desenrolo económico, técnico e social da comunidade que os habitaba. Anque xa dixemos que hai indicios da existencia de estacadas coroando os terrapléns, a norma é a construción en cachotería aproveitando os materiais locais máis a man. Poden delimitar todo o espacio habitacional ou tan só zonas concretas pouco protexidas pola orografía natural, e sempre aparecen trazadas adaptándose ao terreo e ás súas irregularidades, fuxindo de inconvintes técnicos coma as esquinas. Para o asento búscase a rocha base, que en ocasións se traballa para mellor colocar os alicerces, pero sempre da forma máis simple dende un punto de vista técnico. Tanto as exentas con dúas caras vistas coma as que cumpren ao tempo unha función de aterrazamento, aparecen implantadas no mundo castrexo xa dende as súas orixes.

Entrando no espacio habitacional do asentamento, a imaxe estereotipada presentaría un conxunto de pequenas cabanas de cachotaría local e planta circular distribuídas polo terreo sen orde aparente, sen condicións urbanísticas claras.

Pequenas cabanas de planta circular que son o paradigma da arquitectura doméstica castrexa. As reducidas dimensións destas construcións e a ausencia practicamente total de edificios de maior tamaño poden estar a falar dunha sociedade bastante precaria no eido económico e pouco estructurada no social ou polo menos as diferencias sociais non se manifestaban nas dimensións e na forma das vivendas-. Pero ao longo do tempo e do espacio sabemos que se produciron diverxencias. Xa nos castros máis antigos, os trazos básicos da arquitectura doméstica aparecen ben implantados agás as lóxicas indefinicións técnicas. Así, en tanto certos povoados semellan ofrecer construcións feitas tan só con materiais perecedeiros, noutros xa aparecen cabanas con zócolos e laxeados de pedra, en tanto que noutros a construción doméstica xa se fai con verdadeiros muros de cachotería, algo que se xeralizará dende agora a todo o mundo castrexo.

A convivencia de solucións técnicas nestes primeiros séculos do desenrolo dos castros non ten que respostar necesariamente a limitacións nos coñecementos técnicos senón que na maior parte dos casos primarían cuestións económicas.

Pero máis aló da solución técnica empregada, xa dende as súas orixes a arquitectura doméstica castrexa presenta un detalle peculiar: a preferencia polas plantas circulares -ás veces ovadas ou elípticas-, algo que na historiografía tradicional tentouse relacionar cos mundos céltico, hallstáttico, atlántico ou mediterráneo dende teorías difusionistas hoxe desfasadas e carentes de lóxica.

Os muros das cabanas de cachotaría aproveitan sempre os materiais do lugar, e para sentar os alicerces tentan buscar a rocha base. Nas zonas graníticas empréganse muros de dúas capas, sempre mellor rematada a exterior, cun recheo de cachotaría e unha espesura total de arredor dos corenta centímetros. Os pavimentos interiores máis comúns son os de terra pisada; no tocante aos fogares, o normal parecen ser os de estructura aberta sobre base de xabre apelmazado.

O máis salientábel das manufacturas atopadas nos castros desta primeira fase é o seu carácter de continuidade coas do período anterior, o que parece boa proba do seu entronque cos momentos sobranceiros da Idade do Bronce e da ausencia de aportes étnicos significativos. O menaxe máis común é o formado polos recipentes cerámicos: cacharros de cociña e de almacenaxe de tamanos pequeno e medio, de fabricación manual polo sistema do urdido e bruñido, e formas moi sinxelas, con bases planas, corpos troncocónicos, hombreiros suaves, colos anchos con bocas e labios rectos, ás veces con bandas decorativas de temática xeométrica moi simple organizada en metopas, normalmente incisa e con menos frecuencia impresa ou plástica. En calquera caso, todo elo moi semellante ás produccións cerámicas dos tempos de maior desenrolo da Idade do Bronce.

É moi salientábel constatar o carácter das prácticas da metalurxia dobronce que se desenrolaban nestes primeiros castros. Documéntanse restos de crisois de pedra e de cerámica nos que se fundían tanto o metal procedente de lingotes en torta ou en barra, coma trozos de pezas xa amortizadas -chatarra que fala de certo desabastecemento ou carestía da materia prima-, nomeadamente restos de machados de tope e de caldeiros de chapa remachada típicos da fase final da Idade do Bronce. A produción principal nestes castros semella que se enfocaría sobre todo á fundición de obxectos utilitarios -machados, coitelos chapas...- e ornamentais -colgantes, alfinetes, elementos de cinturón...- para o autoabastecemento ou para aprovisionar un mercado de limitado poder adquisitivo no que ainda seguíanse a usar moitos modelos do arcaico, pero eficaz, instrumental de pedra. Queda aberta a posibilidade de que parte dos bronces atopados nos castros desta fase sexa o resultado de intercambios a certa distancia, pero a existencia de contactos a longa distancia queda refrendada pola aparición dos primeiros obxectos de ferro -coitelos curvos, fouces, etc.-, importados dende as colonias fenicias do sur da Península, e que ilustran do cambio na realidade económica atlántica de que falabamos máis arriba.

A panorámica de conxunto para esta fase formativa apresenta unha sociedade segmentada, en povoados de reducido tamaño entre os que tal vez –por non dicir con seguridade- poidera darse certo grao de tensións. Estes castros estarían ocupados por campesiños que combinarían os cultivos de cereais de inverno e de primaveira cunha cabana gandeira complexa e a recoleción de landras e outros froitos silvestres, cunha presencia crecente das actividades artesanais e das relacións de intercambio. No litoral interviría ademáis a pesca de baixura e o marisqueo, sen deixarmos de lembrar que sería precisamente aquí, na costa, onde se levarían a cabo as transacións comerciais máis importantes." ( A. de la Peña Santos" )

Nota.- Arriba, en la fotografía, una vista parcial del castro marítimo de Baroña (Porto Son A Coruña)

HACIA LAS RAICES DE LA CULTURA DE LOS CASTROS

A IDADE DO BRONCE
"Se tivéramos que falar dun período da Antigüidade no que o territorio galaico aparecera aberto ao exterior, teríamos que facer necesaria referencia a esa especie de Comunidade Cultural Atlántica que a Arqueoloxía detecta ao longo da maior parte do segundo milenio AC.

O mar vai xogar un papel determinante na transmisión de coñecementos e nos intercambios de materias primas e de bens de prestixio entre as comunidades. Mediterráneas deberon de ser tanto a filiación dos navíos e dos navegantes como a procedencia de certas materias exóticas e de boa parte das novidades tecnolóxicas e ideolóxicas que recibiron e absorberon as comunidades atlánticas máis dinámicas e receptivas; atlánticas serán moitas das materias primas e dos bens de estatus socialintercambiados; e a súa conxunción irá cristalizando na conformacióndunha gran área cultural atlántica. Pero o arranque deste proceso de crecemento está nunha fase de certa recesión. Os datos arqueológicos parecen indicar que tras os tempos de transición entre o terceiro e o segundo milenios AC o territorio galaico viuse inmerso nunha situación xeral de desaceleración dos ritmos de crecemento acadados na fase anterior.
Os indicios son claros: o descenso cantitativo e cualitativo das evidencias arqueolóxicas verbo dos lugares de habitación e de cemiterio, a parquedade dos achados materiais e as súas diferencias cos tradicionais, a desaparición da arte rupestre..., levan a pensar na entrada nunha etapa de crise económica e demográfica.
Nesta atmósfera de aparente estancamento farán acto de presencia os primeiros obxectos fabricados en bronce. A difusión da nova metalurxia vai supoñer, cando menos e ademáis das conseguintes innovacións tecnolóxicas, a apertura de relacións entre zonas productoras e deficitarias das materias primas precisas para a metalurxia, entre elas e os centros de transformación e de intercambio, etc. Posto que por eses tempos o mineral de estano parece que era explotado unicamente en Cornualles, Bretaña e Galiza, o territorio galaico debeu de xogar un papel de importancia no eido das relacións e alianzas comerciais, tanto polos seus proprios recursos naturais como pola súa privilexiada posición xeográfica no mundo atlántico a cabalo entre os focos culturais do Atlántico Norte e as terras do sur peninsular máis influenciadas polos do Mediterráneo.
A partir do século XIII AC, a fachada atlántica europea comezou a sair dese relativo estancamento no que quedara sumida a comezos da Idade do Bronce. E a saída vai ser pouco menos que espectacular, aos lombos dunha nova intensificación agraria e dunha forte reactivación das relacións de intercambio das comunidades atlánticas entre si e cos focos culturais mediterráneos, ata culminar con esa suxerente unidade cultural dos territorios da Europa Occidental máis adentrados no Océano nos que se acadarían niveis de desenrolo semellante, unidade que estaría sustentada por alianzas políticas e/ou comerciais. Un destes focos será o galaico, que por certo e
coma era de esperar tanto polo seu pasado coma polas súas características xeomorfolóxicas e climatolóxicas, gardará non poucas semellanzas cos seus coetáneos da Bretaña e das Illas Británicas. As semellanzas formais e técnicas que manifestan as producións metálicas máis características deste período na fachada atlántica europea falan a prol de certa similitude na organización sociopolítica das comunidades e da frecuencia e intensidade dos intercambios. Tamén apoiaría esta imaxe de relativa unidade cultural das
fisterras atlánticas a ausencia no rexistro arqueolóxico destas datas de case que toda evidencia clara verbo dos usos e costumes funerarios. De feito, hai quen apunta que para buscar un trazo realmente unificador das comunidades atlánticas da plenitude da Idade do Bronce, ese sería a ausencia de rituais funerarios arqueolóxicamente recoñecíbeis. A desaparición das necrópoles -no senso estricto- do territorio galaico por estas datas ata a moi posterior implantación do ritual romano, será un dos indicios máis flagrantes do carácter esencialmente autóctono do fenómeno castrexo.
Pero os circuitos de intercambio non só interconectaban as comunidades atlánticas máis dinámicas senon que as mantiñan en contacto cos focos culturais mediterráneos, o que sen dúbida debeu de supoñer un fito trascendental para o desenrolo de todas elas. Sabemos que productos atlánticos acadaron as terras centrais do Mediterráneo en número considerábel; dese mundo chegaron aos territorios atlánticos mercadorías concretas e, polo que parece apuntar a lóxica, certa cantidade de novidades tecnolóxicas e ideolóxicas de non pouca trascendencia, entre as que se barallan os novos cultivos, novos coñecementos, novas formas de diferenciación social, novos modelos de armamento, novas formas de vestido e de ornato persoal, novos tipos de transporte, novas formas de ostentación do poder, de información e de coñecemento..., que serían asimiladas polas élites locais e que actuarían coma dinamizadoras dunha sociedade en plena expansión. Así, neste mundo aberto e interconectado, e nunha xa típica e coñecida secuencia sur-norte e costa-interior motivada polas características xeomorfolóxicas do territorio e pola vía máis racional de chegada das innovacións de filiación mediterránea, o dinamismo social e a intensificación agraria irán facendo posible que as comunidades campesiñas máis abertas e solventes se vencellen á explotación sistemática e intensiva dun territorio concreto. Será un proceso de sedentarización que culminará pouco tempo dempois coa aparición dos primeiros povoados de carácter xa verdadeiramente estábel no territorio galaico: os castros.
A Arqueoloxía está a poñer en evidencia a relación da maior parte dos asentamentos da fase de esplendor da Idade do Bronce coas terras de maior potencialidade agrícola. Os restos de elementos relacionados coas prácticas agropastorís que aparecen neses povoados -machados, aixadas, dentes de fouce, muiños planos, estruturas de almacenamento en foxa...- forman parte
sustancial do rexistro arqueolóxico. As fértiles terras do val van ser explotadas dende agora dun xeito sistemático. Pero son polo xeral solos moi pesados que para o seu debido aproveitamento precisan dunha tecnoloxía agrícola evoluída que implique o uso do barbeito, do estercado, e dun arado de tracción animal.
Sexa coma for, a fase da que estamos a falar supuxo unha clara ampliación dos terreos de aproveitamento económico -como ratifican os incrementos da deforestación e da erosión que manifestan as análises paleoambientais- e a obtención de maiores, mellores e máis diversas colleitas. Elo permitiría o sustento dunha povoación máis numerosa, o que provocaría unha maior presión sobre o medio natural e o incremento das tensións sociais. O caso é que o desenrolo agrario foi o causante da consolidación desa tendencia á sedentarización das comunidades campesiñas que moitas liñas da investigación consideran fundamental para explicar dun xeito crible -fora de tópicos e fantasías- a xénese do fenómeno castrexo.
A imaxe da organización social nos últimos tempos da Idade do Bronce no occidente europeo é a de comunidades agropastorís cunha maior ou menor compoñente metalúrxica e cun nivel de xerarquización tamén maior ou menor pero en calquera caso significativo. Un modelo semellante estase a defender para o espacio galaico. A verdade é que non resulta nada doado explicarmos o forte desenrolo económico, demográfico e a mesma existencia das relacións intercomunitarias de intercambio que teñen lugar por estas datas de non mediar a presencia dunha base social estructurada, coa cúspide ocupada por unhas élites que sustentarían o seu poder coercitivo no
coñecemento ritual, na propiedade do espacio económico, e no control das forzas produtivas e dos intercambios. Utilizando modelos tirados da investigación antropolóxica, unha sociedade de xefaturas parece, cando menos nun principio, a máis axeitada á situación xeral que revelan os datos arqueolóxicos." (A. de la Peña Santos)

Nota.- La imagen que ilustra este comentario, es la portada de uno de los libros que sobre la cultura castreña ha publicado A. de la Peña y que podemos considerar imprescindible para tener un conocimiento acertado del fenénomo castreño, basado en las últimas investigaciones arqueológicas sobre el tema.

lunes, 10 de marzo de 2008

CASTROS VISITABLES DE GALICIA Y NORTE DE PORTUGAL
















En el 2005, se publicó el libro "Rutas arqueolóxicas do Eixo Atlántico/Roteiro arqueológico do Eixo Atlântico", en el que se divulgaban los yacimientos arqueológicos megalíticos, castreños y romanos, que podían visitarse en el área geográfica de Galicia y Norte dePortugal. Los textos respectivos fueron realizados por diferentes arqueólogos y la coordinación general del libro fue realizada por el que suscribe estas líneas. La publicación fue editada por "O Eixo Atlántico do Noroeste Penínsular" y tuvo un gran éxito que hizo que en la actualidad se encuentre agotada la edición de sus mil ejemplares.
Considerando la posibilidad de poder divulgar mejor el contenido de ese trabajo desde este blog, ampliándolo con más aporte fotográfico, retomé los textos mencionados y en los sucesivos comentarios, serán transcritos literalmente como fueron publicados. Por ello debo de hacer constar primero mi agradecimiento a los autores de los mismos que fueron: Para la introducción de a la Edad de los Metales y Romanización (Edad de Bronce, Edad de Hierro y proceso romanizador en el Noroeste peninsular), a D. Antonio de la Peña Santos; para los castros de la parte gallega, a Dña Pilar Barciela Garrido y Eusebio Rey Seara; y para los castros de la parte portuguesa, a D. Fernando Antonio Pereira da Silva.
Las fotografías de los castros gallegos, fueron realizadas de nuevo en su mayoría y son de mi autoría y la de los castros del norte de Portugal, son del arqueólogo Antonio Silva.
En este estudio, como ya lo apuntaba en la introducción de la citada obra, la cultura castreña nos va a presentar un amplio panorama de sus poblados fortificados (castros), con sus impresionantes enclaves naturales, sistemas defensivos, sus diversas tipologías de viviendas, que corresponden según su modalidad a un período cronológico diferente...En fin acabar diciendo, que se calcula que pueden existir unos 5.000 castros en nuestra área de estudio, estando la inmensa mayoría sin excavar e incluso sin catalogar debidamente.
Al finalizar los comentarios procedentes del libro mencionado, espero que se tenga un mayor conocimiento de los castros que pueden ser visitados en Galicia y Norte de Portugal. Como dicha obra fue publicada hace ya tres años, incorporaré los castros nuevos que se han excavado ultimamente y que por esa circunstancia, no están recogidos en ese trabajo. Desafortunadamente, son escasos los que van a englosar la lista de castros visitables en nuestra área geográfica.
Sin más, pasamos pues, en los comentarios sucesivos a divulgar la citada obra, complementada en su mayoría con nuevas fotos a color, que le dan más atractivo al estudio en si.
Nota.- En la imágenes que ilustran este breve comentario, fotografías de un castro gallego (Troña) y del norte de Portugal (Citania de Sanfins).

sábado, 1 de septiembre de 2007

LOS VEINTE CASTROS MÁS IMPORTANTES DE GALICIA












Con el título que encabeza este pequeño comentario, nos hacemos eco de la noticia que sale hoy en los medios de comunicación gallegos, en los que la Xunta de Galicia, máximo organismo ofical responsable de nuestro patrimonio arqueológico, informa que va a elevar una propuesta de declaración de Bien de Interés Cultural (BIC) a 18 castros gallegos, que sumanos a los únicos que en la actualidad detentan esta categoría de máxima protección ( castro de Sta. Trega, en en el ayuntamiento pontevedrés de A Guardia y castro de Elviña, en A Coruña), hacen el número de 20 yacimientos correspondientes a la cultura castreña y que con ello, se supone que se velará más y mejor por su buena conservación y protección, no sólo del recinto amurallado que define el conjunto, sino que se extiende a una gran área, para proteger entre otras cosas, del impacto visual que puedan producir sobre él, algún tipo de construcción que se quiera realizar. Si nos atenemos a los criterios que debieron existir para tan elección, nos encontraríamos ante los 20 asentamientos castreños más importantes del territorio gallego, manejando, me imagino, diversos factores para llegar a esa conclusión.
Los castros elegidos corresponde cinco a la provincia de A Coruña, seis a la de Lugo, otros seis a la de Ourense y tres a la de Pontevedra.
Concretamente se trata de los sguientes yacimientos castreños:
Provincia de A Coruña: Punta dos Prados (Ortigueira); castro da Cidá de Borneiro (Cabana de Bergantiños); castro de Baroña (Porto do Son); castro de Neixón (Boiro); y castro Lupario ( Rois/Brión).
Provincia de Lugo: castro de Fazouro (Foz); castro de Viladonga (Castro do Rei); castro de Santa María do Castro (Cervantes); Castromaior (Portomarín); y el castro de Vilar y el castro da Torre (Folgoso do Courel).
Provincia de Ourense: castro de san Cibrao de Lás ( San Amaro/Punxín); castro y villa romana de Santomé (Ourense); Castromao (Celanova); Coto Mosteiro (Carballiño); y el castro de Saceda y el castro de San Millán (Cualedro).
Provincia de Pontevedra: Facho de Donón (Cangas do Morrazo); castro de Troña (Ponteareas) y castro de Penalba (Campo Lameiro).
Si quiero reflejar aquí esta noticia, es para mostrar mi sincera alegría por la misma y desear que no se demore o no se lleve a cabo, como por desgracia, estamos bastante acostumbrados a ver, sobre todo, en el ámbito arqueológico.
Para acabar sólo mencionar que existen otros castros hoy día visitables y que poseen una gran importancia tanto científica como divulgativa, distribuídos por toda Galicia. Creo que si este grado máximo de protección no ha llegado a ellos, no ha sido por no alcanzar los "meritos" suficientes sino que posiblemente, se deba de una estrategia operativa y que en un futuro inmediato puedan ser incluídos en la citada lista. Mientras tanto las ayuntamientos en los que se encuentran cada uno de ellos, debe de ser consciente de su deber de proteger la plena integridad de los mismos, circunstancia esta que creo que la mayoría de ellos, lo está haciendo y considerar que esa circuntancia pesará mucho a la hora de la nueva valoración que tendrá que hacerse para incrementar el listado de castros declarados BIC en nuestra comunidad autónoma.