![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjyDY6z_8yLKGxI_pXFfK6hbdJ9wopck852jGsYsaAwGEe9u_YiVzH-140PrlMMD4jaAqX6Oe0IbacUz3Wox0lHkp4KUEI5QLhinMAUOlxxcih-it1rrWUxtBbCqaM4IUGjB1iALi4P1dEb/s400/CASTRO+DE+VIGO+033.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGRyTlj89xdagg8IwcdwZ1qjEngI48TZsqyuTu05dyb1ugyOuaT1uvC9f5gWan18X1kY6UCI7GxPjsonz0ExrIRuZ527Xx1xnzsJ9MtffHqCn-cm8PBkJx8tTt1WGVHaxLlmWXv1aX55c7/s400/CASTRO+DE+VIGO+022.jpg)
Cronoloxía. O poboado foi utilizado dende o século II a. C. ó III d. C. O abandono crese que foi progresivo.
Elementos de interese. O poboado castrexo debeu ocupar todo o monte dende o cumio. Non se conservan restos dos elementos defensivos. No pequeno sector escavado pódense apreciar un tipo de construcción superposta, hai vivendas redondas e algunha cadrada de época romana.
Hai canles feitas na rocha, seguramente para aproveita-la auga da chuvia. Hai unha construcción elíptica e con compartimentos que, segundo algunhas investigacións, podería corresponder a un monumento con forno (véase Castro dos Prados).
"No poboado está documentado o consumo de bóvidos, cápridos, peixe e mariscos diversos. Usouse moita cerámica romana de importación, decorada e sen decorar, para a mesa, na cociña para gardar alimentos ou para transportalos. Tamén son moi abundantes os fragmentos de ánfora para transportar salsa de peixe (garum) e viño. Se usaron elementos de adorno persoal, circulou moeda romana, e no tempo de lecer se practicaron xogos de mesa.
Escavacións. Descuberto en 1928. Escavacións en 1952 e 1970, e de
Materiais. No Museo Municipal Quiñones de León, en Vigo.
Accesos. De costas ó edificio do Concello, subimos ata a cruz do monumento dos caídos e collemo-lo camiño que vai á dereita bordeando a aba do monte ata chegar a unha zona con casas. Fronte a elas están as ruínas. " ( P. Barciela y E. Rey )
Nota.- En las fotografías, tenemos una vista de la casa de planta cuadrangular localizada con un hogar en su centro y una vista general del área excavada en el Poniente, desde el sur, pudiéndose apreciar diversas construcciones desenterradas.
1 comentario:
Este blog es muy interesante, con un buen trabajo de investigación y muy informativo.
Cumplidos
Eduardo Santos Carneiro
http://sol.sapo.pt/blogs/eduardocarneiro
Publicar un comentario