martes, 11 de marzo de 2008

CASTRO DE A GRAÑA ( TOQUES, A CORUÑA)


Como señalamos en el comentario que servia para presentar esta serie de castros visitables gallegos y portugueses y luego de la extensa pero enriquecedora introducción al tema del arqueólogo A. de la Peña Santos, iniciamos el recorrido de los yacimientos castreños. Se irán sucediendo otros tras de otros, siempre alternando, uno gallego y otro portugúes. El esquema de ficha de presentación que hemos seguido para cada castro es el de información de su situación, cronología, destacar sus elementos de interés, las excavaciones realizadas y los materiales encontrados y el acceso para llegar al mismo. Intentaremos acompañar siempre la información sobre cada uno de los castros estudiados, con diferentes fotografías tomadas recientemente.
Empezamos hoy con el interesante castro de "A Graña" (Toques, A Coruña).

O CASTRO DE A GRAÑA, TOQUES (A CORUÑA)

"Situación. O castro de A Graña ubícase en Mourelos, parroquia de
Sta. María da Capela, concello de Toques (A Coruña).

Cronoloxía. Deste poboado, de reducidas dimensións, destaca a súa
longa ocupación: dende o comenzo da Cultura Castrexa, ata a época romana (s. II d.C.).

Elementos de interese. En época romana se realiza unha singular
entrada que constitúe, polo momento, un exemplo único nos castros do noroeste. Consiste nun camiño escavado directamente na rocha, a 3 metros de profundidade, que posiblemente estaba cuberto cunha estructura de madeira.
Aínda se aprecian as marcas de rodeiras na rocha. Tamén se conserva na metade do camiño o lugar de encaixe dunhas portas levadizas que controlaban o paso ó interior do poboado amurallado. Segundo o arqueólogo Fernando Acuña, en época romana aquel que entraba no xacemento non vía nada máis que muros dun corredor ata estar xa dentro do poboado.
Ó final do camiño habería dous torreóns (só se conservan restos dos alicerces dun deles). Nun deles poido estar incrustada unha cabeza de pedra para protexe-lo poboado do mal, que apareceu na escavación.
Tódalas construccións á vista, incluída a muralla, son de época romana. Sen embargo nos traballos de escavación documentáronse estructuras de diferentes épocas construídas no sitio deixado por outras máis vellas que resultaron destruidas. As máis antigas estarían realizadas cun entramado vexetal de estacas e varas.

Escavacións. O castro de A Graña foi catalogado en 1933 polo Seminario de Estudios Galegos. Comenzouse a escavar en 1987 ata 1993 ininterrumpidamente. Está ubicado en terreos de propiedade privada, pero é visitable gracias ó cuidado dos donos do terreo, que se encargan da súa sinalización, limpeza e mantemento. O castro está cercado e ten dúas cancelas, á da dereita pódese abrir dende fóra.
Materiais. Pódense ver no Museo Terra de Melide.
Accesos. Dende Melide a Toques, a 50 m. da Casa do Concello de
Toques hai que coller unha pista á esquerda que vai a Mourelos (hai un sinal na entrada) e despois á dereita. O castro está á esquerda e cercado. Deixa-lo coche fronte á cancela e bordealo pola dereita onde hai outra cancela que se pode abrir. Permítese o paso."
(Pilar Barciela e Eugenio Rey)

Nota.- En las fotografías de la parte superior, vista general del castro por la zona de su entrada principal; y aspecto de una de las grandes estructuras pétreas excavadas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Fran dijo...

Recentemente visitei o lugar. Adoece de seguir sendo excavado.

Castro da Graña

Noraboa polo blog.