sábado, 15 de marzo de 2008

EL CASTRO DE FAZOURO ( FOZ, LUGO)



"Situación. O castro de Fazouro ubícase na parroquia de Fazouro, no concello de Foz (Lugo). É o único xacemento escavado da zona e, por iso, o único que presenta estructuras á vista. Asentamento costeiro emprazado na Punta do Castro, unha pequena península que penetra no mar en zona acantilada.
Cronoloxía. O castro tivo unha ocupación intensiva durante o século III d. C., aínda que parece documentarse unha ocupación anterior (S. I e II d.C.)
Elementos de interese. Destacan nel, ademáis da propia edificación con laxas de xisto, algúns elementos constructivos como escaleiras, bancos adosados e os lousados.
O poboado ten nove estructuras á vista e carece de elementos defensivos pétreos. Tódolos espacios exteriores presentan lousado ou restos de que o houbo. No interior das construccións o piso é de terra coa excepción dunha delas.
A construcción con escaleiras arrimadas presenta un gran interese porque podería implicar a utilización de niveis superiores. Noutra apareceu parte dun lucido e outra presenta un fragmento de muíño de man reutilizado na súa construcción.

Escavacións. 1963 e 1965, 1992-93. Tarefas de limpeza e consolidación en 1988-89 e 1992. Plan de xestión de 1992 sen executar.
Materiais. Están depositados no Museo Provincial de Lugo.
Accesos. Dende Foz pola estrada N-6422 a Viveiro hai que pasa-la vila de Foz e, a catro kilómetros, poderemos ve-lo castro á man dereita. Na mesma estrada hai unha pista que chega ó castro." ( P. Barciela y E. Rey)

Nota.- En las imágenes, dos aspectos parciales del área excavada del castro.

No hay comentarios: