martes, 11 de marzo de 2008

EL AUGE DE LA CULTURA CASTREÑA

A CONSOLIDACIÓN DO FENÓMENO CASTREXO
"A partires máis ou menos do século V AC, o fenómeno castrexo aparecexa coma algo consolidado e, se cadra, ocupando a totalidade do seu espacio xeográfico particular: o aberto ao poñente das cadeas montañosas que enlazan as desembocaduras dos ríos Navia -polo N- e Mondego -polo O-, un espacio histórico que coincide bastante ben co que xa vimos ao tocar os temas do Megalitismo e da arte rupestre. Estamos, xa que logo, diante dunha zona xeográfica moi compartimentada, dotada dunha indudábel uniformidade tantoxeolóxica coma xeomorfolóxica e climática que seguramente terá exercido un efecto condicionador sobre a réxime económica e sobre a mentalidade das comunidades campesiñas, o que a fin de contas favorecería a unidade cultural.

Poucas veces se produce, coma na área galaica, unha adecuación máis clara entre rexión natural e área cultural.
Algúns trazos na distribución espacial dos povoados parecen dar a entender o inicio da explotación dos fondos dos vales coa implantación de asentamentos de, se cabe, máis marcado carácter agrícola. Os datos paleontoló-xicos e paleoambientais documentan a continuidade da cabana gandeira complexa da fase anterior -que vai perdurar moito máis aló do período castrexo- e dunha agricultura que combina, tamén coma naquela, o cultivo de cereais de primaveira e inverno cos de horta e coa recoleción de landras. Todo elo dentro dun incremento da acción antrópica sobre o medio natural que se deduce do aumento da deforestación e da erosión. Na costa multiplícanse os datos que falan da intensificación das actividades pesqueiras e marisqueiras, e é aquí onde se estaba a seguir cun certo dinamismo e a recibir e asimilar as secuelas dos escasos contactos co mundo exterior. A presencia no rexistro arqueolóxico dos castros máis meridionais e máis próximos á liña costeira de manufacturas de filiación mediterránea -cerámicas púnicas, máis adiante áticas e grecoitálicas, vidros, obxectos de ferro, etc.- indica un certo mantemento dos intercambios coas factorías semitas do sur peninsular.
Sábese con seguridade que no decurso desta fase fóronse experimentando certos avances nos aspectos técnicos e formais das manufacturas de uso cotián, particularmente visíbeis nas producións cerámicas, que acadan agora boa parte das súas características máis sustanciais co emprego do torno lento e de fornos máis complexos, e co uso de pastas máis decantadas que na fase anterior, o que se traduce en productos de moita maior calidade. Amplíase o repertorio formal, anque o cacharro típico sega a ter unhas bases formais de gran simplicidade pero con multitude de variantes. O que si cambian son os estilos decorativos e mesmo as técnicas: por máis que a temática sega a ser esencialmente á base de bandas xeométricas corridas ou metopadas, dende agora van proliferar as liñas curvas incisas formando cordóns e grecas de variada gama, acompañadas de mamilos e cordóns aplicados e do uso de estampillas. Todo elo dentro dun crecente barroquismo de regusto mediterráneo e dunha especie de horror vacui que contrasta con claridade coas produccións precedentes." ( A. de la Peña Santos).

Nota.- En la fotografía tenemos una panorámica general de las excavaciones arqueológicas del castro de Santa Trega ( A Guardia, Pontevedra)

No hay comentarios: