domingo, 16 de marzo de 2008

"MONUMENTO CON FORNO" DEL CASTRO DOS PRADOS ( ORTIGUEIRA, A CORUÑA )

"Situación. Castro dos Prados, (S. Xoán de Espasante), Ortigueira (A Coruña).
Cronoloxía. No século I. a.C. se constrúe este poboado costeiro coas súas defensas: dous foxos e dúas murallas intercaladas (e un parapeto, hoxe desaparecido). No século I e II d.C. reaprovéitase un dos foxos para construir un monumento con forno.
Elementos de interese. Monumento con forno, estructura na que se centraron os traballos arqueolóxicos no castro e que supón a única destas características que se conserva e se pode visitar en Galicia.
Estas construccións semisoterradas están situadas nas zonas baixas dos poboados e moi próximas ós cursos de auga. A función destes monumentos foi moi discutida: fornos crematorios; monumento para darlle culto á auga e diferentes tipos de forno (de fundición, de coce-lo pan ou a cerámica). Nos últimos anos a investigación inclínase polo uso termal como baños de vapor.
O monumento con forno de Espasante ten os elementos típicos deste tipo de construcción, –a excepción da piscina de agua fría e da Pedra Formosa (ver Castro de Briteiros e Sanfins). A primeira estancia é o Adro ou Vestíbulo, de forma semicircular; síguelle a Antecámara, de planta trapezoidal co piso de grandes lousas perfectamente encaixadas. Conserva restos de bases de bancos (sería un lugar de adaptación antes de pasar ó adro e seguir descalzos polo
lousado exterior ata unha piscina de auga fría).
Cara ó interior está a Cámara, de planta rectangular, en orixe é un espacio totalmente pechado ó que se accede polo oco da pedra formosa; hoxe deste elemento só se conservan os ocos nos que iría encaixada, nas beiras desta hai dúas arquetas (nas que se producía vapor e se impedía a saída do mesmo).
No outro extremo da estancia atópase a piscina, rectangular, de auga quente.
Está construída con lousas a un nivel inferior ó do piso e a ela botábanse cantos de río quentes para producir vapor. Na parte dereita, no extremo cercano á piscina, atópase o burato de comunicación cunha canle de desaugue que chega ata fóra en desnivel. O piso da cámara está formado por lousas de grande tamaño, ben encaixadas e pulidas. Conserva parte dunha cuberta de falsa bóveda por aproximación de fiadas (o frecuente e que sexa a dúas augas).
Por último estaría o Forno e a fonte de alimentación. O espacio é rectangular e está construído en falsa bóveda. Na zona de alimentación do forno podíase almacenar madeira para face-lo lume (atopáronse carbóns e cinzas).

Escavacións. Prospeccións nos anos 30 e catalogado nos anos 60. Excavación, consolidación e limpeza en 1987-91. Accesos e sinalización en 1991.
O punto azul sinala os materiais engadidos. Hai un elemento diferenciador de tella.

Accesos. Hai que colle-la estrada Ferrol-Viveiro e, despois de pasar
Ortigueira, chegar a Espasante (hai carteis indicadores). En Espasante dirixirse cara ó porto e segui-la estrada que leva á Cetárea. O castro está moi cerca, e hai outro sinal no mesmo xacemento. "( P. Barciela y E. Rey ).

Nota.- En la fotografía de la parte inferior, una vista general del conjunto excavado y encima, vista parcial de la estructura dejada al descubierto.

No hay comentarios: