martes, 18 de marzo de 2008

CASTRO DE SANTA MARIA DE CASTRO ( CERVANTES, LUGO )


"Situación. En Sabadelle, parroquia de Santa María, concello de Cervantes (Lugo).
Elementos de interese. Nas escavacións documentáronse un total de 23 construccións, zonas de paso, canles, muros de nivelación, escaleiras, enlousados, muros de descarga e de nivelación e sistemas de drenaxe. Tódalas construccións escavadas son de carácter doméstico (agás unha que presenta problemas de interpretación).
Algunhas das casas presentan os muros interiores enlucidos e pequenas alacenas de pedra. Nunha das casas documentouse a existencia de dous andares, correspondendo o superior a un posible faiado. Diferénciandose os materiais do andar superior e inferior. Excepcionalmente documentáronse os marcos de madeira das portas, que foron restituídos.
Unha singularidade deste xacemento é a construcción sobre as ruínas castrexas dunha necrópole (cemiterio) dos séculos XIII-XIV formada por 56 sepulturas. Para a súa realización, en moitos dos casos, reutilizáronse pedras do asentamento castrexo e mesmo en varias sepulturas aproveitouse a parede dalgunha casa para facer de lateral ou cabeceira. Na maioría das sepulturas puidéronse recuperar restos óseos.

Escavacións. En 1995-96.
Materiais. No Museo Provincial de Lugo.
Accesos. Dende Cervantes ou Becerreá hai que ir a Sabadelle (hai unha pista). Dende Becerreá cóllese dirección a Navia de Suarna e no Km. 14 (pasando a ponte sobre o Navia) cóllese un desvío que leva a Sabadelle. Dende Sabadelle cóllese cara á vila de Río e, a medio quilómetro, a pista que vai á igrexa de Sta. María." ( P. Barciela y E. Rey)

Nota.- En las dos fotografías que ilustran este comentario, vemos en una de ellas un detalle de una vivienda desenterrada y otra nos presenta una bella panorámica del castro desde la lejanía.

No hay comentarios: