"Situación. Está no monte de igual nome, sito no concello de A Guarda (Pontevedra).
Cronoloxía. O poboado foi edificado en tempos de Augusto (
Elementos de interese. É un dos castros máis visitados e coñecidos a pesar de estar escavado parcialmente en diferentes zonas dificultando a comprensión global. Como defensa ten unha simple liña de muralla á que se abren dúas portas. Subindo pola estrada que leva ó cumio do monte, atopamos a ámbolos dous lados o último sector escavado, mellor conservado e máis coñecido. Se quedamos na beira da estrada e botamos unha ollada ó conxunto da dereita entre
o urbanismo aparentemente caótico, poderemos descubrir unha certa organización con praciñas e estreitas rúas lousadas.
Hai varios grupos domésticos (barrios), que se recoñecen polo muro que os rodea (non sempre completo) e porque as construccións abren as súas portas a unha especie de patio ou praciña común. Un destes exemplos está baixando á dereita da casa reconstruída (recreación arqueolóxica de 1965). Consiste nun grupo de tres estructuras (teñen labras soltas no seu interior) con praciñaempedrada, vestíbulos, escaleiras escavadas na rocha, lareiras ou forno.
Neste sector, á dereita de onde estamos, podemos ve-la muralla e a porta norte, a única visible na actualidade. O acceso por ela realízase frontalmente por unha ancha escaleira de pedra que está protexida por un muro nun dos laterais e unha gran torre no outro.
Camiñando sempre entre as casas, descubrindo os camiños e pasos entre elas podemos atopar varios elementos –ide con coidado que hai buratos grandes (alxibes) sen sinalizar.
As vivendas: identifícanse pola existencia dun fogar. Poderían estar enlucidas por dentro e por fóra con argamasa. No Tegra abundan as casas con vestíbulo onde se sitúa o forno. No interior, bancos adosados. No centro situábase o fogar (os do Tegra adoitan ser de pedra con dous buratos para encaixa-los postes dos que colgan as olas). No interior podería haber repisas e diversos tipos de colgadores de granito ás veces decorados (tamén se colocaban nas estructuras anexas para ata-lo gando). Moitas das casas contan no exterior con lousados e con canles de desaugue (algunhas son unha gabia ó redor da construcción). Tamén son facilmente identificables os limiares das entradas (unha lousa cun ou varios buratos, gonzos, para unha ou dúas follas). Neste sector tamén hai varios alxibes ou pozos para o aprovisonamento de auga.
Pénsase que a maioría das construccións tiñan cubertas como as das reconstruccións ou cun sistema de aspas. As de forma oval ou cadradas poderían ser vexetais a dúas ou catro augas e as cadrangulares con esquinas angulares terían cuberta de tella romana.
Marxe esquerda: cruzamo-la rúa e atopamos outra vivenda reconstruída (data de 1972), á esquerda dela, baixando, hai un sinal que indica a situación depetroglifos: uns están entre dous muros (coñecidos como “o pasillo”) e outros na rocha preto do sinal.
Voltando á estrada e subindo pola súa marxe esquerda atopamo-la zona escavada nos anos 60. Nesta zona, pódese ver un exemplo de aparello helicoidal (é con forma dunha espiña de peixe) nunha das vivendas que se asoman á estrada. Se continuamos subindo pola estrada e nos poñemos de frente á porta da Casa Forestal (a primeira casa actual que se ve) atopamos un camiño á dereita. Baixando e doblando logo á esquerda atópase o chamado poboado de Mergelina, por enriba desta zona está a porta sur, con acceso en ángulo recto a través dunha rampa enlousada en zig-zag. Este sector está actualmente cuberto de vexetación (segundo se baixa á dereita do camiño asoman algúnas construccións). No cumio do monte, Pico de San Francisco, hai tamén escavadas varias vivendas, o resto se cre que foi destruído ó levantarse as construccións modernas.
Escavacións. Descúbrese en 1913. Créase o museo en 1914.Escavacións: entre 1914 e 1923; entre 1928 e 1930; dende 1952 ata 1972. A partir de 1983, utilízase como elemento diferenciador unha fiada de ladrillo.
Materiais: No museo no cumio do monte.
Accesos. En A Guarda, hai sinais indicando a localización do xacemento, visible dende calquer parte da vila. Se cobra entrada, por persoa, si se sube en coche." ( P. Barciela y E. Rey)
Nota.- En las fotografías podemos apreciar dos panorámicas generales del área excavada, apreciándose parte de la muralla y numerosas construcciones castreñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario