martes, 18 de marzo de 2008

EL CASTRO DE TROÑA ( PONTEAREAS, PONTEVEDRA)


"Situación. O castro de Troña ubícase na parroquia de Pías, concello de Ponteareas, a tres kilómetros de Mondariz-Balneario.
Cronoloxía: Iníciase o poboamento no século V a.C. ata o II a. C. A totalidade do recinto ocúpase no cambio de era e século I d.C.
Elementos de interese. O castro está defendido por dúas murallas, que pechan por completo o poboado. O foxo, (actualmente atravesado pola pista que conduce ó castro), está escavado na rocha e acada nalgunhas zonas os 18 metros de profundidade e os 10 de ancho.
Subimos ata o cumio, onde está a ermida, e bordeamos esta plataforma para ve-lo conxunto e distingui-la súa estructura. O poboado posúe dous recintos ben diferenciados. O primeiro é o máis amplio, está ocupado polo achandamento no que estamos, e o segundo é máis baixo e como un engadido do anterior.
Colocándonos de fronte á porta da ermida, camiñamos á esquerda, cara ó borde da plataforma; pola dereita atoparedes unha vivenda elíptica. Ten un limiar de pedra cun rebaixe que penetra no interior da casa. No momento da súa escavación, tiña dous pavimentos de arxila cocida e dous fogares correspondentes a dous momentos diferentes de ocupación. Esta casa posuía un lucido de tonalidade amarelenta, tanto na súa parte exterior como nas paredes internas. O seu carón hai unha rúa moi estreita pero totalmente empedrada.
En liña co cruceiro, e á beira duns graos, hai unha edificación da que forma parte unha rocha coa cara vertical cun gravado que representa unha serpe en posición heráldica. Algúns arqueólogos relacionan este gravado cunha lenda dunha serpe que roubaba bestas para comer ata que os veciños lle deron un novelo atado a unha corda. Unha vez que o tiña comido tiraron dela, a mataron e a enterraron no adro da ermida onde está hoxe o cruceiro.
Se camiñamos entre as edificacións deste sector coa muralla á man dereita, podemos ver catro construccións de diversas formas. Tamén aquí segue aparecendo a superposición de estructuras de diferentes momentos.Dende aquí, tamén pode observarse o punto de unión da primeira muralla coa que pecha o segundo e máis recente recinto.
O grupo de construccións máis cercano ó camiño foi o último sector escavado, destacando entre as edificacións unha que ten un vestíbulo e, unida a ela por un lousado, un posible silo ou graneiro de planta rectangular.
Escavacións. Entre 1927 e 1930 e do 1981 ata 1991. Nas últimas consolidacións os muros rematáronse de forma irregular conservando a imaxe de ruína (os das primeiras teñen o remate recto) e están diferenciadas as partes reconstruídas das orixinais.
Materiais. No Museo Municipal de Ponteareas e no M. Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Accesos. Partindo de Mondariz-Balneario, imos á parroquia de Pías. Unha vez nela, chégase ó xacemento tomando a pista forestal asfaltada que vai cara ó barrio de A Hermida. Desviarnos á dereita, antes de chegar ó mesmo, por outra pista que vai á Picaraña. Este camiño está asfaltado ata o pé do monte e sigue logo de terra." ( P. Barciela y E. Rey)
Nota.- En las fotografías, un detalle de una vivienda elíptica de la zona alta del poblado y una vista parcial del área excavada en el segundo recinto, con varias construcciones.

No hay comentarios: