Cronoloxía. A utilización do poboado parece que tivo lugar entre o século VI-V a. C. e o século III d. C.
Elementos de interese. Comezaremo-lo noso percorrido polas construccións que están detrás e máis próximas á muralla. De dereita á esquerda, o primeiro grupo de vivendas é o que está consolidado máis recentemente dando aspecto de máis novo. Seguindo cara a esquerda pódense ver algunhas construccións con vestíbulo. Pódese tamén apreciar o muro de contención que nivela a plataforma superior onde hai outros restos de estructuras e unha construcción rectangular que aproveita a muralla como parede. Dela sae un muro que podería ser un peche de separación dos chamados barrios. Máis á esquerda destaca unha estructura rectangular que podería ser un patio interior dun destes barrios.
Á esquerda hai unha construcción cuadrangular con vestíbulo cun lado curvo e outro recto que está superposta a outra estructura anterior de planta curva. Ó escava-lo piso desta construcción atopouse unha pequena ola con 65 moedas romanas do século I ó II-III d. C. Diante do vestíbulo quedan os restos dunha rúa lousada.
Queda por documenta-lo acceso ó recinto castrexo.
Escavacións. As primeiras escavacións son nos anos 1963 e 1967. Continúanse en 1970 e 73, finais dos anos 70, e principios dos 80. Consolídase en 1984. Traballos de escavación e consolidación e limpeza en 1992, 93 e 94. Últimas limpezas e acondicionamentos en 2000, 2002 e 2003. O castro é declarado Ben de Interese Cultural en 1980.
Materiais. Pódense ver no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.Destaca unha tessera hospitalis recuperada nas escavacións de Xaquín Lourenzo e Ferro Couselo nos anos 70.
Accesos. Dende Celanova colle-la estrada que leva a A Cañiza. A 1 Km. á esquerda tómase a estrada que leva a Quintela de Leirado. A
Nota.- En las fotografías que ilustran el comentario, diversos aspectos del área excavada deñ castro y una bella panorámica del yacimiento castreño desde lejos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario