sábado, 15 de marzo de 2008

EL CASTRO DE ELVIÑA ( A CORUÑA)

"Situación. Parroquia de San Vicente de Elviña, moi preto do campus universitario da A Coruña e case na mesma cidade.
Cronoloxía:
Poboamento castrexo, a partir do século III a. C. Presencia romana do século I ó II d. C.
Elementos de interese. O castro de Elviña ten estructurado o seu espacio de asentamento en tres niveis que veñen dados por tres liñas de murallas. A croa, está rodeada dunha muralla con dúas entradas defendidas por torreóns. A construcción máis característica deste conxunto e unha fontealxibe: un pozo de 5,33 metros de fondo escavado na rocha que deixa filtrar e recolle as augas subterráneas provintes da croa. Ó pozo accédese por dúas empinadas escalinatas abertas ós dous lados do gran rectángulo de superficie. Para algúns investigadores esta construcción estaba cuberta con algún tipo de tellado, posiblemente lousa sobre estructura de madeira, para evitar vaporacións no verán e manter limpa e protexida a auga potable. Destaca tamén a chamada Casa da Exedra; probablemente construiuse no século I a. C., reaproveitando parte dunha construcción circular, un semicírculo (exedra) que foi abovedado. A función deste edificio é difícil de precisar, definíndose popularmente como un “forno”.Na actualidade no xacemento, declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1962 e abandoado desde 1985, lévanse a cabo diferentes actuacións tendentes a súa posta en valor. Por primeira vez, en Galicia, expropiáronse os terreos nos que está ubicado o castro. Realizáronse varios planes e normativas que contemplan dende a investigación arqueolóxica do xacemento e a súa paisaxe ata a construcción no sitio dun centro que co nome de “Casa da Historia” mostrará toda a evolución da cidade dende a cultura castreña ata ós nosos días. Os traballos que están a desenvolverse non permiten a súa libre visita pero existe a posibilidade de ver as escavacións en grupos organizados polo Concello de A Coruña.Os resultados destas investigacións, aínda sen publicar, poderían ofrecer unha idea distinta da estructura, dimensións e organización do poboado.
Materiais. Pódense ver no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón en A Coruña.
Escavacións. As primeiras en 1947; na década dos 50, dende 1979 a 1985. e 2002-03.
Accesos. Saíndo da Coruña pola Avenida da Vedra (Alfonso Molina), pasar o hipermercardo e a gasolineira que hai despois. Coller á dereita o desvío ó Campus Universitario e Elviña. Coller á esquerda. Pasar a aldea de Elviña e ó chegar ó cruce coller á dereita. Seguir ata onde remata a pista. Colle-lo camiño da esquerda." ( P. Barciela y E. Rey )
Nota.- En la imagen, detalle de la fuente-aljibe del poblado castreño.

1 comentario:

The Thing dijo...

Como queira que estiven uns cantos anos vivindo ó lado del, podo dicir que as indicacións para achegarse ó sitio non son moi acertadas. A gasolineira está despois do cruce que di coller, por exemplo.

Tendo en conta o moito que cambiou a cousa dende que se escribiu iso, na actualidade o xeito máis rápido de chegar é non cruzando o pobo de Elviña, senón por calquera dos dous campus da Universidade, pois da rúa que une ambos dende hai uns anos, sae o camiño para o castro.