"Estamos na segunda metade do século II AC. Os datos arqueolóxicosindican que as comunidades castrexas xa entraran en contacto co mundo romano e comezado a experimentar unha nova serie de cambios internos. O froito máis visíbel destes cambios será boa parte da imaxe "típica" que do castrexo ten chegado ata nós. Os trazos tidos ata hoxe coma peculiares e característicos do mundo castrexo -tanto dende o punto de vista da arquitectura coma da cultura material, e, se cadra, as poucas referencias directas e cribeis aos aspectos superestructurais da sociedade indígena proceden, na súa práctica totalidade e mentres a investigación non demostre o contrario, destes tempos de contacto e aculturación entre os mundos indíxena e romano.
É un feito comprobado que foi durante o decurso das chamadas Guerras Lusitanas e Celtibéricas cando os moradores das terras do Noroeste tiveron a oportunidade real de asumir que algo estaba a mudar na orde tradicional. As novas da presencia duns incómodos e poderosos recén cegados non tardarían en acadar o territorio galaico, que asistiría axiña á chegada das primeiras expedicións militares romanas de carácter exploratorio: no
Foi nesta expedición concreta que os romanos deberon de chegar ata o Miño logo dalgúns choques, encontronazos seguramente magnificados polos escritores romanos posteriores e sen dúbida pola maior parte da historiografía.Parece que o éxito culminou a ación militar e exploratoria ata tal extremo, que Brutus, logo de requisar substanciosas riquezas, foi acollido trunfalmente en Roma, onde recibiu o alcume de Callaicus en lembranza do máis coñecido dos povos por el sometidos, o dos Callaici, que tiña o seu lugar de asento no esteiro do Douro, no Portus Calem. Pode que dende entón a zona sur do territorio galaico, o espacio costeiro entre o Douro e o Miño, ficase xa baixo control de Roma. Os datos arqueolóxicos parecen incidir nesta idea, anque soio sexa vendo a crecente presencia de productos do comercio romano no medio indíxena a partir destas datas.Logo de Brutus, sabemos dunha expedición marítima do pretor Publio Craso entre o 96 e o
Completada a conquista, Roma recoñece a unidade cultural, e se cadra étnica, das comunidades castrexas e define uns límites políticos para o territorio, que bautiza co nome de Callaecia ratificando o que ata entón non era unha unidade política anque si cultural. A tal efecto, procede de inmediato ao estabelecemento dunha administración imperial que garanta tanto o control do territorio como, sobre todo, a explotación e comercialización dos recursos naturais. Así, xa dende un momento moi temperán asistimos á chegada masiva de mercaderías típicas do mundo romano que ateigarán os asentamentos castrexos tanto máis canto máis ao sur e cara ao litoral, o que revela a cegada destes produtos maioritariamente por vía marítima e dende o sul. Pouco tempo dempois dará comezo o trazado da rede de calzadas de unión coa Lusitania e coa Meseta.
Para ese control político do territorio recén integrado, Roma organiza dous conventos xurídicos con capital en senllas civitas de nova implantación: o Bracaraugustanus con sede en Bracara Augusta, e o Lucensis en Lucus Augusti.
Ambos os dous de carácter administrativo con funcións de tipo relixioso, financieiro, militar e xudicial. Cada convento englobaría outras unidades administrativas de menor rango que mantiñan a grandes trazos a organización indíxena: os populi e/ou civitates que aglutinaban aos numerosos asentamentos castrexos onde seguía a residir a maior parte da poboación.
Pero ¿cómo foi incidindo o proceso de romanización sobre a poboación indíxena?. Tras a absorción e ata as reformas administrativas da dinastía flavia, a impresión que dan os datos arqueolóxicos é que sobreviviron e se reforzaron os elementos da organización sociopolítica castrexa con excepción, claro está, do concepto da independencia, entendido este no senso estricto. O feito tan significativo que supón o crecemento de moitos vellos castros e a aparición ex novo de grandes povoados tras a integración, todos eles cunhas condicións defensivas e urbanísticas espectaculares se facemos a comparanza coa etapa anterior, parece revelar, entre outras moitas cousas, unha estructura socioeconómica máis desenrolada que na fase previa; unha estructura capaz xa de promover, levantar e soster obras públicas, criadora de "lugares centrais" xerarquizadores do territorio, inmersa nun fenómeno de integración política do que serían boas testemuñas os populi. Estes grandes povoados, e a aparentemente planificada distribución dunha chea de pequenos castros xunto ás mellores terras de cultivo e/ou no rico litoral, son clara imaxe do desenrolo económico e crecemento demográfico experimentados polo mundo castrexo tras a integración no Imperio. É unha explotación planificada dos recursos do medio natural, que non parece doada de entender coma causa en exclusiva da dinámica interna das comunidades campesiñas castrexas, de modo que preferimos achacala en boa parte ao papel decisivo xogado por Roma dun xeito consciente ou inconsciente.
As murallas desta época son as maiores e as de trazado máis complexo das coñecidas ao longo do desenrolo do fenómeno. Anque seguen a manterse as normas básicas e tradicionais da arquitectura en canto á simplicidade dos métodos constructivos, as dimensións xerais serán superiores, multiplicaranse os recintos, as entradas faranse máis complexas e reforzadas coa adición de elementos anexos coma torreóns e corpos de garda. Tamén proliferarán os elementos defensivos complementarios, dende os simples terrapléns ata as máis complexas liñas de foxos e parapeitos. Do mesmo xeito, durante esta fase -e sobre todo na metade meridional do territorio castrexo, a primeira en entrar en contacto con Roma e por elo donde antes de de xeito máis intenso se foron producindo os cambios- é evidente un maior desenrolo da arquitectura de carácter doméstico. Amais de constatar a aparición por vez primeira de elementos ornamentais asociados, ocasionalmente presenta cabanas con muros de pedras de cantaría perfectamente traballadas e dispostas das formas máis diversas, en tanto que boa parte das paredes das construccións de cachotaría normal estarían cobertas por enlucidos pintados de cores simples coma o branco, os ocres, o azul ou o vermello que, ao tempo que servían de protección fronte á humidade, daríanlle ao conxunto urbano un aspecto ben diferente da imaxe de pedra vista que temos hoxe.
No territorio castrexo meridional -e, curiosamente, tamén no extremo nororiental-, diante das entradas de moitas vivendas levántase un vestíbulo de controvertida función pero que en calquer caso amplíaría o espacio doméstico útil. O interior dun dos brazos deste vestíbulo é frecuente que se aproveitase para a colocación dun forno de planta cadrada. Se cadra estamos diante da adaptación local ás plantas curvas dunha solución arquitectónica in antis, de clara filiación mediterránea, concibida en orixe para edificacións de planta rectangular ou cadrada.
Anque a existencia de plantas de muros rectos é coñecida xa en certos castros prerromanos, parece un feito incuestionábel que a súa propagación xeral - anque sempre minoritaria fronte ás construcións circulares- coincide coa fase que nos ocupa. Salvo nos aspectos formais, as diferencias entre as cabanas de plantas curvas e rectas son mínimas, e as dificultades técnicas dos castrexos á hora de articular as esquinas dos muros solucionáronse mal que ben, polo xeral, facendo un enlace en arco. Para as cobertas destas cosnstruccións de muros rectos, planas e a unha ou dúas augas, en ocasións xa se utilizaron as típicas tegulae romanas.
Das diferentes funcionalidades das cabanas da fase castrexo-romana non é moito o que podemos dicir fora do campo da especulación. Os datos actuais apuntan que, cando menos no territorio meridional, certas construccións de planta circular ou ovada, polo xeral de menores dimensións e con pavimentos de pior calidade, sen lareira e con lousa do limiar emprazada a certa altura do chan - sen dúbida para dificultar o acceso dos ratos e doutros animais-, de seguro que non foron pensadas para vivenda senon para almacén e/ou para servir de marco ao desenrolo de actividades produtivas. O normal é que con cada vivenda propiamente dita se vencelle unha construción deste tipo.
Por último, en certos castros nos que o espacio escavado é o suficentemente amplo, e unha vez máis sobre todo nas terras do sul, destaca a presencia de normas de ordenación urbanística moi peculiares, baseadas na organización da área habitacional en "células" ou "unidades" -seguramente de carácter familiar- compostas por unha ou varias vivendas cos seus respectivos almacéns ou alpendres, que abren as súas entradas a un patio común laxeado ao que se accede por un único punto. Estas unidades, que poñen de relevo datos de certo interese para a análise da sociedade castrexa, compleméntanse con maiores ou menores traballos de acondicionamento do terreo tais coma sucalcos, muros de peche, alxibes e canles de captación e evacuación de pluviais, etc. Isto fálanos de certos, ainda que ben simples e rudimentarios, conceptos tradicionais de carácter urbanístico na organización arquitectónica dos povoados castrexos baixo dominio romano, sobre todo, insistimos, canto máis cara ao sur." (A. de la Peña Santos)
Nota.- En la imagen, vivienda reconstruída del castro de Sta. Trega ( A Guardia, Pontevedra), con vestíbulo de entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario