CASTRO DE SACEDA, CUALEDRO (OURENSE)
"Situación. Parroquia de Saceda. Concello de Cualedro. Ourense.
Cronoloxía. Segundo as análises de C-14 presenta unha ocupación a partir do
Elementos de interese. Asentamento castrexo sen presencia romana, xa que se abandoaría no momento da romanización da zona. O asentamento adáptase perfectamente ó terreo mediante o propio sistema defensivo que acada, nalgúns puntos, ata catro frontes de muralla que actúan como muros de contención. Destaca a muralla que cincunda a croa, a parte máis antiga do asentamento, de forma oval e feita con grandes bloques graníticos encontraposición ás outras defensas de aparello poligonal. A muralla interrómpese por dous torreóns que conforman a entrada. As construccións domésticas caracterízanse pola falta de vanos tanto para portas como ventás, e a abundancia das formas circulares propias da etapa castrexa, adaptándose ó terreo.
Traballos arqueolóxicos. Escavación dende
Materiais. Depositados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Accesos. Pola N-525 ou pola A-54 chegamos a Cualedro dende onde collemos a estrada a Lucenza e Xironda. En Xironda seguimos a dirección a Saceda desviándonos á dereita. Dende este punto se sigue a pé unha pista de terra cara ó outeiro onde se asenta o castro, visible dende aquí.
CASTRO (OU CIDÁ) DE SAN MILLÁN, CUALEDRO (OURENSE)
Situación. Parroquia de San Millán. Concello de Cualedro. Ourense.
Cronoloxía. En contraposición co de Saceda este asentamento pertence o periodo tardorromano (s. III-IV d.C.).
Elementos de interese. Destaca polos seus sistemas defensivos: na parte norte un foxo de oito metros de fondo e máis de seis de ancho. Polo este a pendente é máis suave e o sistema defensivo o constitúe un dos mellores exemplos de pedras fincadas, éstas, de forma prismática, acadan casi o metro de altura, dispostas moi próximas, nunha franxa duns 30 por
O asentamento ten tres recintos amurallados independentes, de forma irregular.
Traballos arqueolóxicos. Estúdiase por primeira vez en 1953, escavacións nos dous anos seguintes. Continúanse os traballos en 1982 e 83.
Materiais. Depositados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Accesos. Ver Castro de Saceda. Dende Saceda coller a estrada a San Millán, un quilometro antes collemos una pista á esquerda situada nunha curva pechada e seguimos ese camiño dereitos ata o segundo cruce que colleremos á esquerda ata o río e o xacemento." (Pilar Barciela y Eusebio Rey)
No hay comentarios:
Publicar un comentario